Santiago Rodríguez Salinas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1917 Madrid, España |
Morte | agosto de 1985 (67/68 anos) Redondela, España |
Actividade | |
Ocupación | militar, escritor |
Santiago Rodríguez Salinas, nado en Madrid en 1917 e finado en Redondela en agosto de 1985,[1] foi un militar e exiliado español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo da mestra Antonia Rodríguez Salinas e de Alberto Marín Alcalde. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Madrid. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e ingresou no Exército Popular, co que participou nas batallas de Teruel e do Ebro. Pasou a Francia na primeira quincena de febreiro de 1939 e entrou nos campos de concentración. Retornou a España e foi ingresado nun campo de concentración en Reus, pasou despois aos batallóns disciplinarios, primeiro ao de Punta Carnero (Alxeciras) e despois ao de Cerro Muriano (Córdoba), e finalmente realizou seis meses de servizo militar obrigatorio nas Canarias. Cando rematou instalouse en Redondela coa súa nai, profesora republicana represaliada, que chegou á vila en 1941 procedente de Madrid para coidar do seu compañeiro Alberto Marín Alcalde, preso na illa de San Simón. Antonia Rodríguez puxo escola en Redondela. Nos anos sesenta foi secretario da xunta local de Redondela da Asociación Española contra o Cancro.[2] Na transición militou en Acción Republicana Democrática Española (ARDE) e interveu no acto contra o peche de Regojo en setembro de 1978.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Illote P Barraca 16 (2021). Vigo: Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-9151-747-4.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán".
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor en Galaxia Arquivado 07 de xullo de 2022 en Wayback Machine.